Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Rosal convida a vivir a ponte de Semana Santa cos cinco sentidos

Muíños do Folón no Rosal.   | // D.P.

Muíños do Folón no Rosal. | // D.P.

D.P.

[O Rosal]

O Rosal propón este ano unha Semana Santa diferente, con catro actividades gratuítas que invitan a descubrir o territorio a través dos sentidos, da historia e da emoción compartida. A programación inclúe os paseos sensoriais Cata o lugar!, dúas rutas interpretativas polos muíños do Folón e Picón, e propostas familiares como «Pequen@s cabaqueir@s» e «Primavera nos muíños».

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca que o obxectivo é «conectar co territorio dunha forma máis profunda, sentindo cada recuncho». As prazas son limitadas e requiren inscrición previa.

Ademais, o municipio converterase na capital do fútbol base coa nova edición do torneo internacional ORosalCup e recibirá a campaña Sabores da ría da Deputación, que traerá foodtrucks e petiscos á Praza do Calvario.

Tracking Pixel Contents