Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sociedade

O Rosal aposta polo benestar das coidadoras

Aberta a inscrición na cuarta edición de «Cultivando coidados»

[O Rosal]

Coidar tamén significa aprender a coidarse. Baixo esta premisa, o Concello do Rosal pon en marcha a cuarta edición de Cultivando Coidados, unha iniciativa pioneira que busca aliviar a carga das mulleres que sustentan día a día o benestar doutras persoas.

O programa está dirixido a mulleres adultas do municipio, con prioridade para as maiores de 55 anos e aquelas que teñen ao seu cargo persoas con dependencia recoñecida. O obxectivo é crear un espazo seguro e enriquecedor no que compartir experiencias, fortalecer vínculos e adquirir ferramentas de autocoidado.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que «as mulleres coidadoras levan sobre os seus ombreiros unha responsabilidade enorme, moitas veces invisibilizada», e reivindicou este proxecto como un lugar «onde poidan parar, rir e florecer sentíndose acompañadas».

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez, salientou o valor transformador dun programa que aborda cuestións como o autocoñecemento, a autoestima ou a creación de redes de apoio entre mulleres.

As inscricións están xa abertas no teléfono 986 62 50 00.

Tracking Pixel Contents