Tics
O Multiusos de Torneiros acollerá novos obradoiros de tecnoloxía
Concello e Fundación Cibervoluntarios impulsan dúas accións para maiores de 60
O Concello do Porriño pon en marcha dous novos obradoiros no Multiusos de Torneiros, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.
As actividades buscan reducir a fenda dixital e fomentar un uso máis seguro e autónomo da tecnoloxía entre a poboación.
O primeiro curso, «Apps útiles para a xestión de trámites en internet», desenvolverase do 13 ao 16 de abril, de 10:00 a 13:00 horas.
A segunda proposta, «Iniciación ao mundo dixital», está dirixida especificamente a maiores de 60 anos e celebrarase do 20 ao 23 de abril, tamén en horario de mañá, podendo inscribirse ata o 30.
Ambas iniciativas inclúen contidos prácticos sobre internet, administración electrónica, seguridade dixital, aplicacións móbiles e comunicación en liña.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salientou que «estes obradoiros son unha oportunidade para que ninguén quede atrás nun mundo cada vez máis dixital».
As inscricións poden facerse en www.yoconecto.org, no teléfono 986 33 82 17 ou no correo administracion@porremprego.org.
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- Emprendedores gallegos en nuevos sectores que desafían el abismo del primer año: así es la nueva generación de autónomos
- 25 años de la Vig-Bay: búscate entre los corredores de esta edición
- Así lucirán los locales comerciales de la Porta do Sol de Vigo: fachada integrada con el espacio, iluminación ornamental y punto informativo