Mocidade
Nigrán despide o «Mes da Natureza» con premios e xincana
Hoxe será a entrega do certame videoliterario «Ollo con Nigrán», e mañá actividades para a cativada no parque Vázquez Grela

Entrega de premios do certame «Ollo con Nigrán» en 2025. | // D.P.
O Concello de Nigrán pon o broche final á celebración do «Mes da Natureza», unha iniciativa desenvolvida de xeito conxunto coa compañía Teatro do Ar e a Cooperativa Somos Terra. Este proxecto buscou durante todo o mes divulgar o patrimonio natural e inmaterial do municipio, convidando á veciñanza a reflexionar sobre o futuro medioambiental da contorna a través de quince actividades gratuítas para todas as idades.
O acto central desta fin de semana de clausura terá lugar hoxe, 28 de marzo, no Cine Municipal da Ramallosa. Alí celebrarase a agardada gala de entrega de premios do certame «Ollo con Nigrán», un concurso que recoñece as mellores creacións videoliterarias inspiradas na riqueza paisaxística local. Por primeira vez, este recinto acollerá a proxección das propostas gañadoras. A organización repartirá máis de 1.500 euros en galardóns, que os premiados poderán investir directamente no comercio de proximidade. A entrada á gala será totalmente de balde ata completar a capacidade do local.
Para rematar a programación festiva e cultural, o domingo 29 de marzo, o parque Vázquez Grela, espazo que alberga unha das hortas urbanas municipais, acollerá unha divertida xincana infantil. As familias interesadas en participar non precisan realizar ningunha inscrición previa; abonda con achegarse ao recinto ás 11:30 horas da mañá.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo