Gastro
Arbo deslumbra en Barcelona coa LXVI Festa da Lamprea
A vila condal acolleu a presentación desta cita
Arbo reafirmou en Barcelona o seu status de «corazón dos viños Albariño e Condado» coa presentación da súa LXVI Festa da Lamprea. Baixo o lema «Arbo: onde o tempo se detén e a historia se saborea», a promoción desenvolveuse en dous escenarios estratéxicos para impactar no eido turístico e na comunidade galega no exterior.
A xornada arrincou no Eurostars Grand Marina Hotel cun acto organizado pola Asociación de Empresarios de Cataluña. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, estivo acompañado por Xosé Manuel Merelles, director xeral de Turismo da Xunta, e Cristina Lagé, directora xeral de Turismo da Generalitat. Gil destacou a capacidade da vila para converter a lamprea e o viño «nun activo cultural, social e económico que nos sitúa no mapa gastronómico internacional».
O segundo evento tivo lugar no Centro Galego de Barcelona, reunindo autoridades estatais, representantes da Deputación de Pontevedra, prensa e axencias de viaxes.
Para complementar as xuntanzas de traballo, un restaurante desprazado desde a Arbo ofreceu unha degustación de lamprea maridada cos recoñecidos viños da zona. A vila prepárase agora para despregar a súa tradicional hospitalidade na gran fin de semana de abril.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- El ambicioso plan de la nueva ETEA coge impulso en Vigo, pero con mucha tarea por delante: los primeros hitos no se verán hasta un cuarto de siglo después del adiós de los militares