Programación
Tomiño homenaxea ás mulleres referentes
A vila acolle un amplo programa polo 8M con actividades que poñen o foco na memoria, a educación e o recoñecemento
Marzo convértese en Tomiño nun mes dedicado á igualdade e ao recoñecemento das mulleres que abriron camiño. O Concello puxo en marcha unha programación especial polo 8M, Día Internacional da Muller, con accións que abarcan desde homenaxes e exposicións ata obradoiros, contacontos e actividades escolares.
A alcaldesa, Sandra González, destacou que marzo «é unha oportunidade para poñer en valor o traballo das mulleres referentes e avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria», apostando por «construír igualdade con accións concretas, con memoria e con educación».
O ciclo «Mulleres Referentes» abriu o programa no Espazo Isaura Gómez, con actos dedicados a figuras clave como Isaura Gómez, celebrado onte, ou a científica Aída Fernández Díaz, o día 18. Tamén haberá unha mesa redonda o 27 de marzo con mulleres do ámbito político para reflexionar sobre o papel feminino na toma de decisións.
As actividades inclúen o ciclo «Construíndo igualdade», con obradoiros como «Historias de tea», centrado na creación colectiva e na visibilización da muller na arte, e o contacontos infantil Vamos ao recreo, hoxe ás 12 no Espazo Isaura Gómez.
Ademais, haberá talleres sobre benestar dixital e autocoidado con perspectiva de xénero, así como sesións educativas nos centros escolares para fomentar a autoestima e as relacións saudables entre a mocidade.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo