Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Honrar

8-M de reflexión interxeracional no Porriño

A vila centrará a programación do 8M no recoñecemento das mulleres maiores e a análise dos desafíos actuais en igualdade

Presentación da programación do 8M no Porriño.   | // D.P.

Presentación da programación do 8M no Porriño. | // D.P.

[O Porriño]

O Concello do Porriño presentou a programación do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, cun conxunto de actividades centradas na reflexión interxeracional, o recoñecemento ás mulleres maiores e a visibilización do papel feminino en ámbitos tradicionalmente masculinizados.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Igualdade, Carolina González, deron a coñecer a proposta nun acto celebrado na Casa Consistorial. A actividade principal será a homenaxe «Cando elas falan, a historia permanece», prevista para mañá domingo, un tributo ás mulleres das parroquias que, desde o silencio e o esforzo cotián, sostiveron durante décadas a vida familiar e comunitaria.

Lorenzo subliñou que «este 8M queremos render tributo ás nosas mulleres maiores, auténticas protagonistas da historia viva do Porriño» e insistiu en que a igualdade «debe ser unha liña de traballo permanente, traducida en políticas reais e oportunidades efectivas para todas».

A programación inclúe tamén as xornadas «Igualdade, Muller e Dereitos: realidades e desafíos», un espazo de diálogo e formación que abordará cuestións como o papel das mulleres maiores no rural, a violencia dixital e a fenda laboral.

A concelleira Carolina González destacou que «é fundamental abrir un diálogo interxeracional e recoñecer o feminismo como unha causa común que atravesa todas as idades».

O ciclo completarase coa estrea do vídeo Terra de Canteiras, que pon en valor o traballo de mulleres nos procesos de extracción e construción, e coa presentación do proxecto CONSTIC, impulsado polo IES Ribeira do Louro para fomentar o acceso das mulleres ás especialidades de construción e tecnoloxía.

Tracking Pixel Contents