Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aprazamento

Tui celebra hoxe o seu Concurso-Desfile de Entroido 2026

O desfile contará coa participación de preto dun milleiro de persoas de doce comparsas e celebrarase ás 17.00 h polo novo percorrido establecido

Entroido tudense no 2025.   | // D.P.

Entroido tudense no 2025. | // D.P.

[Tui]

Tui celebrará hoxe o seu aprazado Desfile-Concurso de Entroido, debido ás previsións de choiva para este martes, día inicialmente previsto para a cita.

O desfile manterá o horario das 17.00 h e transcorrerá polo novo percorrido establecido entre o Espazo Feira e o aparcamento municipal, onde actuará o grupo La Bamba mentres o xurado delibera.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que «a convocatoria celébrase con moita ilusión, pero as condicións meteorolóxicas non garantían a seguridade nin a vistosidade do evento», polo que se optou por trasladar a cita á fin de semana, cando por fin o tempo nos dá unha tregua.

O XXXVII Desfile-Concurso reunirá 935 participantes pertencentes a doce comparsas, que presentarán dezaoito carrozas e moita imaxinación. As propostas inclúen desde guerreiros do norte e amazonas ata experimentos científicos, sátiras sobre a moda, o circo ou o propio conxunto histórico tudense. Entre as agrupacións participantes destacan a Asociación Cultural Pontellas do Porriño, a Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar, Os Feiticeiros de Mos ou a Banda de Música Popular de Tui, que pechará o desfile con Cantos Fumos – Tui Capital Histórico do Turismo Político.

O evento repartirá premios nas categorías de xeral, carrozas, parodia, coreografía e música, ademais das axudas fixas pola participación.

A programación do Entroido tudense culminará mañá, domingo 22 co tradicional Enterro do Bacallau, que porá o broche final ás festas.

Tracking Pixel Contents