Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Rosal quenta motores para o Trail Muíños do Folón 2026

Presentación do Trail  Muíños do Folón 2026.   | // D.P.

Presentación do Trail Muíños do Folón 2026. | // D.P.

[O Rosal]

O Rosal xa ultima os preparativos para celebrar mañá, 22 de febreiro, unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón 2026, unha cita que combina deporte, natureza e solidariedade e que se consolida como un referente no calendario galego de trail running.

A carreira, segunda proba puntuable da Pontevedra Trail League, percorrerá os enclaves máis espectaculares dos Muíños do Folón e da contorna do Baixo Miño. As persoas participantes podrán escoller entre tres modalidades: andaina solidaria de 8 km, Adventure de 12 km e Advance de 21 km, con saídas desde a Praza do Calvario entre as 10.00 e as 11.00 horas.

A gran novidade deste ano é a andaina solidaria, coa que se recadarán fondos para que a Agrupación Musical do Rosal (AMDOR) poida representar ao municipio no Mundial de Bandas de Kerkrade (Países Baixos).

Na presentación, a alcaldesa Ánxela Fernández Callís destacou a unión de «deporte, cultura e solidariedade» como esencia do evento, mentres que o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, puxo en valor o seu carácter social e o incremento récord de participación.

Tracking Pixel Contents