Actividades
O enterro da lamprea pechará o Entroido
Celebrarase hoxe ás 16:30 horas, con saída dende a Rúa Rosalía de Castro
Salvaterra de Miño xa ten todo listo para pechar o Entroido 2026, unha cita que combina tradición, humor e moita participación popular. O Concello aposta un ano máis polas actividades infantís e pola diversión en familia como principais reclamos desta festa.
O evento central será o xa tradicional Enterro da Lamprea, que nesta edición supera as 1.600 persoas inscritas para acompañar a singular comitiva. A cita será o venres 21 de febreiro ás 16:30 horas, con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e percorrido polas principais rúas da vila ata a Praza do Concello. Alí culminará a xornada coa lectura do testamento da defunta lamprea, a súa queima simbólica e un chocolate quente para todos os asistentes.
As «choronas» volverán poñer a nota máis emotiva e divertida dun desfile cheo de son, luces e boas risas; espantando por fin ao peor do mal tempo para pechar un entroido que contou con desfile infantil e moitas outras actividades.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas