Artes marciais
O cañicense Fidel Rodríguez logra o ouro no Galego de Taekwondo
O adestrador e coordinador do Ximnasio Municipal da Cañiza triunfou na categoría master-3 menos 65

Fidel Rodríguez no podio. | // D.P.
Fidel Rodríguez Pérez acadou a Medalla de Ouro na categoría master-3 menos 65 técnica individual no Campionato Galego de Técnica de Adultos 2026, celebrado o pasado 24 de xaneiro en Monforte de Lemos.
O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, expresou publicamente a súa felicitación a Rodríguez por este novo éxito deportivo, cualificándoo como «un exemplo de esforzo, constancia e superación persoal, valores que transmite día a día ao seu alumnado e que representan o mellor do espírito deportivo cañicense». O rexedor sinalou ademais que «cada novo logro de Fidel é motivo de orgullo para todo o municipio».
A cita autonómica desenvolveuse no Pavillón da Pinguela e reuniu a arredor de 200 deportistas de clubs de toda Galicia. Co primeiro posto conseguido, Rodríguez asegura tamén a súa clasificación para o Campionato de España, que se disputará o vindeiro 21 de febreiro en Sevilla, onde competirá tanto na modalidade individual como por tríos.
Con máis de tres décadas de traxectoria, o taekwondista cañicense é cinturón negro 3º Dan, adestrador nacional e responsable municipal de actividades deportivas desde hai vinte anos.
Tras máis de 25 anos centrado na formación dos seus alumnos, regresou ás competicións oficiais con resultados destacados a nivel autonómico e estatal, como a prata na I Copa de España Kukkiwon ou o bronce no Campionato de España por equipos de Poomsae, contribuíndo ao título nacional da Selección Galega.
Fidel Rodríguez manifestou que «os logros non chegan por casualidade, senón a través do traballo, a disciplina e o convencemento persoal». Engadiu que «a loita máis grande é sempre con nós mesmos, en tentar converterse na mellor versión posible».
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas