Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festas

Mos comezou o Entroido cunha gran festa infantil

A vila pechará a súa programación festiva cun gran desfile do domingo 22

Gran festa infantil do pasado luns en Mos.   | // D.P.

Gran festa infantil do pasado luns en Mos. | // D.P.

[Mos]

O Entroido 2026 en Mos xa está en marcha. A tarde do luns, o Pavillón Óscar Pereiro encheuse de ledicia e cor coa gran festa infantil, que inaugurou oficialmente unha programación pensada para todas as idades. Entre as 17:00 e as 20:00 horas, a cativada gozou dunha tarde de inchables, música e animación coa actuación de Dani Barreiro & Friends, nun ambiente seguro e familiar que marcou o comezo das celebracións.

Desde o Concello de Mos destacouse que esta primeira cita serviu para reafirmar o espírito participativo, tradicional e creativo do Entroido local, consolidado xa como unha das festividades máis queridas do municipio.

Gran desfile

A seguinte gran cita será mañá, domingo 22 de febreiro, cando se celebre o esperado desfile de comparsas, que este ano adiántase ás 17:00 horas, logo de ser adiado por mor do tren de borrascas que asoballou o país desde comezo de ano.

As agrupacións participantes concentraranse a partir das 16:30 horas e desfilarán pola Avenida de Sanguiñeda, convertida de novo no epicentro da festa. O Concello destina nesta edición 12.000 euros en premios para fomentar a implicación das comparsas e grupos, distribuídos en categorías infantís e adultas, con mencións especiais á mellor carroza, mellor vestiario e mellor animación.

Xurado

O xurado estará formado por profesionais dos ámbitos do espectáculo, o deseño, a moda, o baile, a animación e a caracterización, que avaliarán a calidade artística, a orixinalidade e o impacto visual das participacións.

Concerto

Para poñer o broche á xornada, celebrarase un concerto aberto ao público do grupo “Pa ti na Má”, que promete converter a noite nunha festa para todas as idades.

Ademais, entre o luns e o mércores, o Edificio Multiusos das Pozas acolleu o Campamento de Entroido, dirixido a cativada de 3 a 12 anos.

Tracking Pixel Contents