Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Celebración

Malia a chuvia, Gondomar celebra con éxito o Entroido

As rúas enchéronse de cor, música e humor, nunha edición con 18 comparsas

Paco Ferreira caracterizado de verde durante o desfile de cocmparsas.   | //D.P.

Paco Ferreira caracterizado de verde durante o desfile de cocmparsas. | //D.P.

[Gondomar]

O Concello de Gondomar viviu o pasado domingo unha xornada inesquecible coa celebración do Entroido 2026, que destacou pola masiva participación e o ambiente festivo que se respirou en todo o municipio. As rúas enchéronse de cores, música e humor, convertendo esta festa nun auténtico acontecemento social que congregou a milleiros de veciños e visitantes chegados de toda a comarca.

Un total de 18 comparsas deron vida ao desfile, amosando o esforzo, a creatividade e o entusiasmo de meses de preparación por parte de asociacións culturais, agrupacións veciñais e colectivos sociais. Procedentes de lugares como Mos, Vigo, Nigrán, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona e o propio Gondomar, as formacións reforzaron o carácter aberto e comarcal desta cita, que se consolida como un punto de encontro para a convivencia e o intercambio cultural.

O Concello repartiu máis de 18.000 euros en premios, unha iniciativa coa que se quixo apoiar o tecido asociativo e recoñecer o traballo das comparsas que manteñen viva esta tradición. A calidade das posta en escena, a orixinalidade dos vestimentas e o ánimo contaxioso do público deixaron patente o excelente momento que vive o Entroido gondomareño.

O pregón correu a cargo das coñecidas actrices e humoristas Arantxa Treus e Jazmín Abuín, que conquistaron ao público cunha intervención chea de retranca, ritmo e complicidade. Durante a súa participación lograron arrancar risas e aplausos entre persoas de todas as idades, engadindo frescura e un toque de humor á festividade.

A programación incluíu actividades pensadas para todos os públicos, como unha tarde infantil na Praza Rosalía de Castro ou o tradicional desfile infantil.

O mércores celebrouse o Enterro da Sardiña.

O alcalde, Paco Ferreira, destacou que «o Entroido é unha das expresións máis vivas da nosa identidade colectiva e un exemplo do que somos como pobo: participación, alegría e convivencia».

Agradeceu tamén a implicación da veciñanza, subliñando que Gondomar «segue demostrando que é un municipio dinámico, acolledor e inclusivo, que coida e pon en valor as súas tradicións».

Tracking Pixel Contents