Biblioteca
«Libros que latexan» para converter a lectura en experiencia
A actividade, dirixida a maiores de 16 anos, desenvolverase os xoves de marzo a maio na Biblioteca Municipal

Ana Abad, na biblioteca xunto a Alejandro Lorenzo. | // D.P.
O Concello do Porriño, a través da súa Biblioteca Municipal, pon en marcha o obradoiro «Libros que latexan», unha iniciativa de expresión e creación que convida á veciñanza a vivir a lectura dunha forma diferente, transformándoa en experiencia escénica a través do teatro e da narración oral.
A actividade celebrarase no Centro Cultural Municipal, de 18.00 a 19.30 horas, os xoves 5, 12 e 26 de marzo; 9, 16, 23 e 30 de abril; e 7 de maio, data na que se realizará unha mostra final aberta ao público.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salientou que o proxecto fortalece o papel da biblioteca como «espazo vivo e motor social», onde a cultura se comparte e se crea en comunidade.
O obradoiro será impartido por Ana Abad de Larriva, escritora, actriz e docente en artes escénicas, que achegará unha metodoloxía lúdica e participativa baseada na lectura sensorial, a escritura creativa e a expresión corporal.
Aberto a persoas a partir de 16 anos, «Libros que latexan» promove o diálogo interxeracional e a participación cidadá. As inscricións poden formalizarse na Biblioteca Municipal, con preferencia para aquelas persoas censadas no Concello do Porriño.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas