Educación
A educación sexual, esencial para a mocidade
A xinecóloga Miriam Al Adib pechou a XI Semana da Educación
A saúde mental tamén se constrúe desde a educación sexual. Con esta mensaxe, o Concello de Tomiño clausurou a XI Semana da Educación cun auditorio de Goián cheo, consolidando un programa que cada ano gaña máis apoio social.
O acto de peche contou coa intervención da médica e divulgadora Miriam Al Adib Mendiri, considerada a mellor xinecóloga de España durante tres anos consecutivos. Na conferencia «A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?», abordou a sexualidade desde unha visión integral que une corpo, emocións, vínculos e contexto social.
Al Adib advertiu que a educación sexual non debe limitarse á prevención de enfermidades ou embarazos, senón que é clave para previr problemas de saúde mental na adolescencia e na adultez. Tamén destacou o impacto das pantallas e alertou de que «o porno búscaos a eles», subliñando a necesidade de ofrecer ferramentas que fomenten autonomía, autocuidado e respecto.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas