Nigrán
Cinema e música para pasar o inverno
Hoxe proxéctase o filme familiar Río
O Concello de Nigrán continúa esta fin de semana coa programación especial de entroido cunha xornada pensada para gozar en familia. Hoxe, o Cine Municipal da Ramallosa proxectará ás 18:00 horas a película de animación Río, mentres que unha hora despois, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá o concerto da Argonat Band e da Banda de Acordeones Metropolitana.
O filme escollido transcorre na colorida cidade de Río de Janeiro e na súa selva tropical durante a gran festa do entroido brasileiro. Os seus protagonistas son Blu, un guacamayo doméstico que nunca aprendeu a voar e pensa que é o último da súa especie, e Jewel, unha aventureira guacamaya salvaxe. Como é habitual nas proxeccións municipais, ante a elevada demanda será preciso recoller iconvite na billeteira desde unha hora antes do comezo.
A continuación, o público poderá desfrutar dun concerto especial de entroido no que a música será a auténtica protagonista. A Argonat Band e a Banda de Acordeones Metropolitana ofrecerán un repertorio variado, cheo de ritmo e boas enerxías, pensado para todos os públicos. A entrada será de balde ata completar a cabida.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas