Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cambios na programación de Entroido 2026 do Porriño

[O Porriño]

O Concello do Porriño modificou a programación do Entroido 2026 debido á inestabilidade meteorolóxica prevista para os días da festa. A decisión responde á vontade de garantir que todas as actividades poidan desenvolverse nas mellores condicións posibles, ante a alta posibilidade de precipitacións.

Desde o Concello explican que o Entroido porriñés mobiliza cada ano a milleiros de persoas e supón meses de traballo e preparación por parte de comparsas, agrupacións e colectivos. «Falamos de moitas horas de ensaios, confección de vestiarios, elaboración de carrozas e coordinación musical. Queremos que ese esforzo colectivo poida vivirse plenamente na rúa, coa participación e acompañamento da veciñanza», sinalan dende a organización.

A nova planificación traslada toda a programación prevista para o martes 17 de febreiro ao sábado 28, mentres que as actividades do mércores 18 pasan ao domingo 1 de marzo. Ademais, o Gran Desfile de Comparsas do sábado adiántase media hora respecto ao horario inicial, comezando ás 18:00 horas.

As novas datas foron acordadas tendo en conta os desfiles doutros concellos da contorna, coa finalidade de facilitar a participación e garantir unha convivencia festiva e respectuosa entre todas as celebracións.

O Concello subliña que a decisión foi adoptada priorizando o benestar tanto das persoas participantes como do público asistente.

Tracking Pixel Contents