Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concursos

Volve o Certame Vídeo-Literario «Ollo con Nigrán»

O concurso premiará a creatividade audiovisual e literaria con 1.500 euros en vales para o comercio local

Gala de entrega de premios «Ollo con Nigrán 2025».   | // D.P.

Gala de entrega de premios «Ollo con Nigrán 2025». | // D.P.

[Nigrán]

O Concello de Nigrán, xunto coa compañía Teatro do Ar e a cooperativa SomosTerra, abre unha nova convocatoria do Certame Vídeo-Literario «Ollo con Nigrán» 2026, unha iniciativa que busca fomentar a expresión creativa e o vínculo coa comunidade a través da literatura e a imaxe.

O certame, que mantén o espírito participativo das edicións anteriores, estrutúrase en tres categorías. A primeira, Estelas, está dirixida a nenos, nenas, mozos e mozas nados a partir de 2011; a segunda, Lourido, abrangue persoas nadas entre 1996 e 2010; e a terceira, Monteferro, inclúe participantes nados antes de 1996.

En total repartirán 1.500 euros en premios, destinados aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Os galardóns consistirán en vales para consumir no comercio local adherido ao certame, reforzando así o apoio á economía de proximidade.

As persoas interesadas poden inscribirse de forma telemática ata o 23 de marzo ás 23:00 horas a través da web oficial do Concello de Nigrán. Os establecementos comerciais do municipio tamén poden participar rexistrándose na mesma páxina.

Tracking Pixel Contents