Proxeccións
Salvaterra inaugura o 6º Ciclo de Cine de Inverno
Haberá estreas para público adulto e infantil en febreiro e marzo
A Concellería de Cultura de Salvaterra de Miño pon en marcha a sexta edición do Ciclo de Cine de Inverno, unha iniciativa cultural xa consolidada que se desenvolverá ao longo do vindeiro mes na Casa da Cultura do municipio. O ciclo, de carácter totalmente gratuíto, busca achegar ao público unha alternativa de ocio cinematográfico de calidade durante as noites dos sábados e as tardes dos domingos.
Como en edicións anteriores, a programación inclúe a proxección de películas de estrea, cunha oferta diferenciada segundo o público. As sesións dirixidas ao público adulto terán lugar os sábados ás 22:00 horas, mentres que os domingos ás 17:30 horas estarán reservados para o público infantil e familiar. Deste xeito, o Concello aposta por unha proposta cultural accesible e pensada para todas as idades.
O ciclo desenvolverase entre o 7 de febreiro e o 1 de marzo. A programación arrincará o sábado 7 de febreiro coa proxección de Cónclave. O domingo 8 será a quenda do público máis novo coa película Robot Salvaxe. O seguinte fin de semana, o 14 de febreiro, proxectarase Bridget Jones: Loca por el, mentres que o domingo 15 poderá verse Sonic 3.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas