Participación
Premios máis altos no Entroido arbense
A decisión busca aumentar o recoñecemento aos participantes
O Concello de Arbo celebrará o vindeiro domingo 15 de febreiro de 2026 o tradicional Desfile e Concurso de Comparsas do Entroido, unha das citas festivas máis emblemáticas do municipio, que este ano chega cun importante incremento nas contías dos premios respecto a 2025, co obxectivo de recoñecer o esforzo, a creatividade e a implicación das persoas participantes.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinalou que esta mellora responde ao firme compromiso do Concello coa cultura popular e co mantemento das tradicións: «Decidimos aumentar os premios como mostra de agradecemento ao intenso traballo das comparsas e mascaritas. Detrás de cada participación hai horas de preparación, ilusión e talento que merecen ser valoradas».
O desfile contará cun Concurso de Comparsas estruturado en distintas categorías para garantir a participación de persoas de todas as idades e formatos. As comparsas de 15 ou máis membros optarán a premios de 600, 300 e 200 euros; as de 5 a 14 integrantes a 220, 100 e 60 euros; as comparsas infantís a 200 e 100 euros; e as mascaritas, de 1 a 4 membros, a premios que van dos 100 aos 30 euros.
As inscricións poderán realizarse ata unha hora antes do inicio do desfile ante persoal municipal identificado.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas