Deporte
«Orgullo Salcedense» para o talento deportivo
Tres deportistas revelación foron distinguidos polo seu esforzo e traxectorias de éxito

O equipo de goberno de Salceda xunto aos homenaxeados. | // D.P.
O Concello de Salceda de Caselas outorgou a distinción «Orgullo Salcedense» a tres promesas locais: Miguel Blanco, Karla Henríques e Iker García. O acto serviu para destacar o esforzo, a disciplina e a paixón destes mozos deportistas, que son exemplo da vitalidade da mocidade salcedense, nunha das vilas máis novas de Galicia.
O máis novo dos premiados, Iker García, de só 11 anos, revalidou en outubro o Campionato Galego de Mini GP 110 cc e o VF Timing Mini GP 110 cc, títulos que xa conquistara nos anos 2023 e 2024. Ademais, proclamouse subcampión do Campionato Interautonómico Mini GP 110 cc en 2025, consolidándose como o piloto galego a batir nesta categoría.
Pola súa banda, Karla Henriques Da Silva foi recoñecida pola súa traxectoria como piragüista de alto rendemento en categoría júnior. Desde o seu debut en 2018, acumulou numerosos podios autonómicos e nacionais, con máis de 28 medallas en competicións estatais e títulos destacados como o Campionato de España en sprint cadete A K4 e a Segunda Copa de España de sprint olímpico xuvenil K4.
O tamén galardoado Miguel Blanco Fernández, ciclista especializado en pump track e enduro, foi subcampión galego de enduro e campión da Copa Galega de Pump Track 2025. Este deportista leva desde 2023 ascendendo nos podios e aspira a consolidarse nas competicións estatais, tras acadar podio no último Campionato de España de pump track.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas