Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Solidariedade

Chega unha nova edición de «Corremos contra o Cancro»

Será o 22 de febreiro e incluirá carreiras, andaina popular e probas infantís

Presentación de «Corremos contra o cancro».

Presentación de «Corremos contra o cancro». / D.P.

[Mos]

O Concello de Mos presentou no CEIP Petelos unha nova edición da carreira solidaria «Corremos contra o Cancro», unha proba que se celebrará o vindeiro 22 de febreiro. O evento, que combina deporte, saúde e solidariedade, pretende un ano máis converter Mos nun punto de encontro a favor da loita contra esta enfermidade.

O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa Nidia Arévalo e contou coa presenza do exatleta olímpico Carlos Adán e de Verónica Romero, padriños da proba. Tamén participaron representantes da Asociación Contra o Cancro de Mos e as concelleiras Julia Loureiro e Laura Méndez.

Durante a súa intervención, a rexedora subliñou que «esta carreira é moito máis ca unha proba deportiva; é unha mostra do compromiso de Mos coa loita contra o cancro e co apoio ás persoas e familias que conviven con esta enfermidade», destacando o carácter solidario, inclusivo e interxeracional do evento.

A proba desenvolverase no paseo do Louro, con saída e chegada no Pazo de Mos, e incluirá diferentes modalidades para todas as idades: carreira de 10 km, carreira de 5 km, andaina popular de 6 km e carreira infantil. Para fomentar a participación escolar, haberá un premio especial para o colexio con maior número de alumnos e alumnas inscritas.

As categorías infantís dividiranse segundo a idade: Carreira Minions (2014-2016), Patrulla Canina (2017-2020) e Pocoyó (2021-2023), reforzando o carácter familiar do evento.

As inscricións poden realizarse ata o 17 de febreiro en www.cronotec.es ou nos puntos municipais habituais.

Tracking Pixel Contents