Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Educación

Centos de escolares corren pola paz en Panxón

Centos de escolares corren pola paz en Panxón

Centos de escolares corren pola paz en Panxón

Alumnado de seis centros educativos de Nigrán participou na XV Carreira Solidaria organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da celebración da Semana da Paz. A iniciativa tivo como obxectivo principal a recadación de fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, unha causa á que o centro contribúe de xeito habitual.

A proba deportiva tivo lugar no pavillón do colexio debido ás condicións meteorolóxicas adversas e contou coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado pola concelleira de Educación. Xunto ao alumnado do centro organizador participaron tamén estudantes do Centro de Educación Especial de Panxón, CEE Juan María de Parada, Escola Infantil As Dunas, CEIP A Cruz de Camos e IES Val Miñor.

Desde Infantil ata 4º da ESO, o alumnado tomou parte na carreira distribuído en diferentes categorías. Cada grupo correu entre cinco e dez minutos, sumando voltas ao circuíto mentres os seus patrocinadores achegaban un donativo por cada volta completada, fomentando así a implicación das familias na causa solidaria.

O alcalde destacou «o orgullo que supón ver como esta iniciativa promove valores fundamentais a través do deporte», agradecendo especialmente «o traballo do profesorado e a participación do alumnado e das súas familias».

Tracking Pixel Contents