Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Trail Muíños do Folón incorporará unha andaina solidaria

A proba celebrarase o 22 de febreiro e sumará deporte, patrimonio e música

Trail do Folón, na edición 2025.

Trail do Folón, na edición 2025. / D.P.

O Rosal

O Trail Adventure Muíños do Folón regresará ao Rosal o vindeiro 22 de febreiro de 2026 cunha edición marcada pola solidariedade e o compromiso cultural. Como principal novidade, a proba estrea unha andaina solidaria organizada pola Agrupación Musical do Rosal, co obxectivo de recadar fondos para participar no Mundial de Bandas de Kerkrade, nos Países Baixos, que se celebrará o próximo mes de agosto.

A andaina contará cun percorrido de 8 quilómetros e dificultade media, pensado para todos os públicos, e permitirá ás persoas participantes gozar da contorna natural e patrimonial dos Muíños do Folón ao tempo que colaboran cun proxecto cultural de proxección internacional. As inscricións inclúen unha camiseta propia da andaina, contribuíndo así a dar visibilidade ao labor artístico e formativo que desenvolve a Agrupación Musical do Rosal ao longo de todo o ano.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou que esta iniciativa «amosa a capacidade do noso concello para sumar deporte, cultura e solidariedade nun proxecto común que leva o nome do Rosal máis alá das nosas fronteiras». A rexedora puxo en valor tamén «o orgullo colectivo que supón ver á nosa Agrupación Musical representándonos nun evento internacional desta relevancia».

A carreira contará con dúas distancias competitivas: Adventure 12 km e Advance 21 km, con saídas ás 10.00 e 10.30 horas desde a Praza do Calvario.

O concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, salientou que se trata «dunha experiencia deportiva única que pon en valor o patrimonio do Rosal a través dun percorrido coidado e renovado cada ano».

As inscricións permanecerán abertas ata o 18 de febreiro na web www.traildofolon.com, cun prezo de 15 euros que inclúe camiseta oficial.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents