Nigrán acolle mañá o espectáculo Memorias dun neno labrego
O Auditorio Municipal ofrece con entrada de balde unha montaxe que celebra a Xosé Neira Vilas

Memorias dun neno labrego, do CDG. / Cedida
Nigrán ofrecerá este domingo 1 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o espectáculo teatral do Centro Dramático Galego e Contraproducións Memorias dun neno labrego. A función, con entrada de balde ata completar aforo, conmemora o 65º aniversario da publicación da emblemática novela de Xosé Neira Vilas e o 10º aniversario do pasamento do autor. Nigrán convértese así no primeiro municipio da provincia e no segundo de Galicia, tras Vimianzo, en acoller esta montaxe, que está a encher o Salón Teatro de Santiago de Compostela en cada pase.
A nova versión teatral está adaptada e dirixida polo dramaturgo e actor Cándido Pazó, quen revisita a historia de Balbino, o rapaz de aldea que se converteu nun dos personaxes máis recoñecibles da literatura galega. O espectáculo preséntase como unha proposta viva e dinámica, interpretada por un elenco de sete actores e concibida como un auténtico concerto de emocións.
A posta en escena complétase cun coidado traballo interpretativo, visual, lumínico e musical, no que tamén teñen un papel destacado o humor e a comunicación directa co público, facendo da función unha experiencia teatral intensa e próxima.
Suscríbete para seguir leyendo
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta