Salceda de caselas
Sete parroquias que medran xuntas

Sete parroquias que medran xuntas
Como noutras ocasións, nestas datas, chega o momento de facer balance das metas acadadas neste ano, e analizar os erros, para tentar ser mellores no futuro, tanto no colectivo coma no persoal.
Unha vez máis, diríxome a vós, orgullosa de ser a vosa representación nesta terra que quero, e satisfeita do traballo do meu equipo e do persoal municipal. Salceda é un concello de sete parroquias que medra e é a envexa de Galicia pola súa xuventude e o seu dinamismo.
Pero se de algo me sinto especialmente orgullosa é da vosa vontade de axuda e solidariedade coas persoas. Grazas a vós estamos no primeiro posto en canto a doacións de sangue, e sodes sempre exemplo de reacción ante emerxencias coma os incendios que este verán asolaron Galicia e tamén Salceda de Caselas.
Seguimos a traballar para todos e todas vós, con novos proxectos de saneamento, mellora de viarios, apoio ao deporte e á cultura, sen esquecer o benestar social e a multitude de pequenas obras que se realizan a diario para mellorar a vosa calidade de vida e para seguir avanzando na segunda transformación de Salceda.
Pero isto só ten sentido se traballamos en equipo toda a veciñanza; as grandes dificultades véncense indo da man e traballando en conxunto.
Quero lembrarme nestas datas das familias que botan de menos a algunha persoa querida, ou a aquelas que sofren a dor dalgunha enfermidade. Envíovos a nosa calor e tede por seguro que estou sempre á vosa disposición.
Bo Nadal, e que o 2026 nos sorprenda.
Loli Castiñeira, a túa alcaldesa
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas