Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Seguir transformando Redondela

redondela

Seguir transformando Redondela

Seguir transformando Redondela

Nestas datas é momento de estar máis preto das persoas que queremos. Eu quero desexar aos veciños e veciñas de Redondela unhas festas cheas de saúde, ledicia e esperanza. O meu desexo para 2026 é que sexa un ano de ilusión e progreso, e que Redondela siga medrando para facer xuntos un Concello mellor, máis amable e accesible.

A piques de rematar o ano, é momento de facer balance. No Salgueiral a humanización e mellora da accesibilidade fixo desta zona un espazo máis cómodo. En Chapela xa é unha realidade o segundo tramo da Vía Verde.

Neste ano tamén puxemos en marcha proxectos que continuarán en 2026, como a remodelación da praza de Ponte da Lima que incluirá un ascensor público e o auditorio ao aire libre. Adquirimos Villa Elisa, un fito para Redondela e para a conservación do patrimonio. Alí instalarase a futura biblioteca e contará con zonas verdes públicas e novos usos culturais. En Cesantes xa contamos co proxecto de execución do paseo do litoral, que unirá o porto coa praia da Punta e preservará este espazo de gran valor ecolóxico. Todas estas actuacións en distintos lugares do noso municipio teñen un mesmo obxectivo: seguir transformando Redondela.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Tracking Pixel Contents