Arbo
Historia, tradición e sabor á beira do Miño

Historia, tradición e sabor á beira do Miño
Queridas lectoras e lectores, veciños e veciñas de Arbo:
O ano 2025 está a piques de rematar e, antes de pechar este capítulo, quero dirixirme a todas e todos vós para desexarvos un moi feliz Nadal. Quero dar as grazas á veciñanza pola confianza que depositastes en min. Presidir o Concello de Arbo é unha honra e unha gran responsabilidade que afronto con ilusión, compromiso e o firme propósito de traballar ao servizo desta comunidade.
Iniciativas como a nova gardería, a humanización de Barcela e Cabeiras ou a posta en marcha do centro social son proxectos pensados para mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños, e marcan o camiño cara a un futuro mellor, un camiño que seguiremos percorrendo xuntas e xuntos en 2026, vendo crecer Arbo con orgullo e esperanza.
A quen chega por primeira vez, quero darlles unha cálida benvida a Arbo, un concello cheo de historia, tradicións e sabores, onde nos sentimos profundamente identificados cos símbolos que nos definen: a lamprea e o viño, reflexo da nosa identidade e do noso saber facer.
Neste Nadal, convidamos a todas e todos a visitar Arbo e a descubrir un patrimonio único: as Pesqueiras, a Ponte Románica de San Xoán, os miradoiros sobre o Río Miño e a montaña de San Fins, os nosos roteiros de sendeirismo, o deporte de aventura, a natureza, a historia, e unha ampla oferta de actividades para todos os públicos. Que estas festas enchan os vosos fogares de luz, esperanza e bos desexos.
Feliz Nadal e un próspero 2026. Arbo agarda por vós cos brazos abertos para desfrutar xuntos destas festas.
Horacio Gil Expósito, alcalde de Arbo
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas