O Rosal
Escoitar, acompañar e apoiar

Escoitar, acompañar e apoiar
Comezamos un novo ano cheo de ilusión, de retos compartidos e de oportunidades para seguir facendo do Rosal un lugar onde vivir mellor. O 2026 preséntase como un ano para coidar das persoas, fortalecer a convivencia e seguir construíndo o presente e o futuro con proxectos que nos unan e que melloren a vida diaria de cada veciña e veciño. Entre todas e todos medramos cun concello máis xusto, dinámico e solidario, no que a calidade de vida das persoas está sempre no centro; e o compromiso coa sustentabilidade, a cultura, o deporte, a educación e o benestar comunitario guí as nosas accións.
Afronto este novo ano chea de forza, coa vontade de seguir a escoitar, de acompañar, de transformar e de estar sempre preto vosa, da veciñanza, fomentando a participación cidadá e apoiando iniciativas locais que enriquezan a vida do noso concello. Quero desexarvos un feliz ano novo, cheo de saúde, esperanza, alegría e momentos compartidos con familiares e amizades. Que este 2026 sexa un ano para avanzar xuntas e xuntos, con orgullo de pertenza e coa forza dunha comunidade que se implica, comparte, colabora e mira ao futuro con confianza, seguridade e ilusión, traballando sempre pola unidade e o progreso do noso querido Rosal.
Unha forte aperta,
A vosa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas