Nigrán
As pequenas escollas constrúen o esencial

As pequenas escollas constrúen o esencial
Benqueridos veciños e veciñas:
Aproveito a oportunidade que me brinda Faro de Vigo para desexarvos un 2026 cargado de todo aquelo esencial, «invisible ao ollo humano», pero non así para o corazón, porque a fin de contas, iso é o verdadeiramente importante da vida e o que nos reporta maior felicidade.
Con esa mesma filosofía empregada por Saint-Exupéry en O Principiño, desde o Concello de Nigrán pechamos 2025 coa esperanza de que 2026 veña cargado de boas novas que contribúan ao entendemento entre as persoas e, a grande escala, entre a humanidade. Desexamos que o clima de bos desexos, empatía e solidariedade que reina no Nadal se estenda a todo o planeta, e a todo o ano, para de verdade poder festexar un mundo en PAZ, onde as guerras xamais teñan cabida para a solución de conflitos.
Sexamos conscientes de que cada un de nós ten a oportunidade de construír un mundo máis xusto, fraternal e inclusivo, porque cada pequeno xesto contribúe á cohesión social: escoitar, rir, axudar, coidar, confiar, respectar, comprender, compartir, consumir de xeito responsable, reciclar... Son cuestións que podemos escoller no noso día a día e que deben guiar toda acción política, desde o local ao global; este é o Nigrán para todos que busco e que, grazas a toda a veciñanza, estou seguro de que seguiremos construíndo con ilusión e esperanza no 2026.
Feliz ano e que os nosos desexos máis esenciais se cumpran!
Juan González, alcalde de Nigrán
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas