Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Viños de calidade

Salvaterra de Miño, capital do espumoso de Galicia

A XI Festa do Viño Espumoso Galego reuniu na capital histórica do Condado a centos de persoas y Tres días de degustación e festa no berce do viño

Momento do descorche con degolle a sabre. | // JUAN CARLOS PÉREZ

Momento do descorche con degolle a sabre. | // JUAN CARLOS PÉREZ

[Salvaterra]

A localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño celebrou a pasada fin de semana a «XI Festa do Espumoso Galego», un evento que se consolida como a principal referencia autonómica para o sector dos viños espumosos. A edición deste ano incorpórase oficialmente á categoría de «Festa do Espumoso Galego», unha consideración obtida co apoio da Consellería do Medio Rural e da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

Brindis cos novos membros da Cofradía de Condado de Tea   | // JUAN CARLOS PÉREZ

Brindis cos novos membros da Cofradía de Condado de Tea | // JUAN CARLOS PÉREZ

O recinto amurallado da vila contou cunha carpa na que as adegas participantes (13 en total) exhibiron e comercializaron os seus viños espumosos, acompañados de propostas gastronómicas como tapas, doces e cafés. O programa complétouse con actividades de carácter formativo e profesional orientadas á promoción e valorización deste produto.

A conselleira na visita aos postos da festa.   | // D.P.

A conselleira na visita aos postos da festa. | // D.P.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu ao nomeamento dos novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, acto celebrado no marco da festa. Durante a súa intervención, cualificou esta edición como un «salto cualitativo» debido á súa transformación en evento de ámbito galego e destacou o papel da confraría na difusión dos espumosos.

A responsable autonómica salientou tamén os datos da vendima de 2025, cun total próximo aos «76 millóns de quilos de uva» recollidos nas cinco denominacións de orixe galegas. No caso da DO Rías Baixas, a cifra ascendeu a «47,5 millóns de quilos». Segundo indicou, trátase da terceira colleita máis abundante da historia.

Tamén anunciou un investimento duns 12 millóns de euros para 2026 destinado a programas como a reestruturación do viñedo, a promoción en mercados internacionais e a mellora da elaboración e comercialización dos produtos vitivinícolas. Estes fondos complétanse cos «10 millóns do Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia», que reforzará a difusión dos alimentos amparados por selos de calidade.

Durante a festa tamén se exhiben produtos galegos premiados, como os queixos gañadores da Cata de Galicia 2025, que a Consellería destaca pola súa afinidade cos espumosos presentes no evento.

Con esta nova dimensión autonómica, Salvaterra de Miño reforza a súa posición como «punto de encontro para viticultores, profesionais e consumidores». O concello subliña que a celebración contribúe a poñer en valor o traballo das adegas e a visibilizar o potencial dos espumosos galegos no mercado.

Ademáis durante a celebración da festa foron nomeados os novos confrades da Confraría do Viño do Condado de Tea e Espumosos, que preside Antonio Alén. Victor Manuel Francisco Castro (Restaurante O Frenazo), Julio Domínguez Salgado (Colaborador da festa), Luis Javier López Facorro (Catador de Martín Codax e Adegas Galegas) e Manuel Santos Pintos (Adegas Martín Codax e Adegas Galegas), son os novos nomeamentos.

Tracking Pixel Contents