Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rondallas Fest, son do nadal na comarca

Cultura popular

Rondallas de Guizán no ano 2019.   | // JOSÉ LORES

Rondallas de Guizán no ano 2019. | // JOSÉ LORES

[Mos]

Dende onte venres e ata mañá domingo, Mos vólcase coas rondallas grazas ao Rondallas Fest, un novo festival que se incorpora ao panorama festivo e cultural da Louriña, con todo o sabor da terra.

Dentro do programa do festival, o coloquio da película «Rondallas», un dos actos centrais do Rondallas Fest, será de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio do Pazo de Mos

Contará coa participación do director da película Daniel Sánchez Arévalo, e cos actores María Vázquez, Carlos Blanco, Touriñán, Judith Fernández e Fer Fraga

O Concello de Mos califica o Rondallas Fest como un evento de primeiro nivel que combina cinema, música en directo, encontro cos protagonistas da película «Rondallas», obradoiros infantís e o tradicional certame de rondallas.

A programación arrincou onte ás 19:00 horas coa inauguración da exposición «Rondallas Fest» no Auditorio do Pazo de Mos. O acto contou cun concerto de Vacaloura Vermella, formación responsable da banda sonora orixinal da película «Rondallas».

Hoxe sábado 13 ás 12:30 horas, o Auditorio do Pazo de Mos acollerá un coloquio aberto ao público, con entrada libre ata completar a capacidade do devandito auditorio, arredor da película «Rondallas» e do fenómeno cultural que inspira o filme.

Neste coloquio participarán o director da cinta, Daniel Sánchez Arévalo, e os actores e actrices María Vázquez, Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco, Judith Fernández e Fer Fraga.

O encontro está concibido como unha conversa na que se abordarán a creación da película, a investigación previa, o proceso artístico e o impacto emocional e social das rondallas. Cabe destacar tamén que o moderador deste coloquio, Alejandro Pérez, tamén participa na película de Sánchez Arévalo realizando o papel de presentador do certame de rondallas, tarefa que tamén desempeña na realidade.

Este acto inclúe tamén a proxección do tráiler oficial da película, e do do tema oficial da mesma, «Tempo de Rondallas», composta por Vacaloura Vermella.

Certame

A partir das 16:30 horas, no exterior do Pazo de Mos, celebrarase a primeira xornada do Certame de rondallas, precedida dun monólogo de Carlos Blanco, que achegará humor e ambiente festivo á tarde. Haberá tamén zona gastronómica.

Actuarán as seguintes rondallas:

-Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos – Mos

- Rondalla Asociación Cultural e Musical de Pontellas – O Porriño

- Rondalla do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor – Nigrán

- Rondalla Santa María– O Porriño

- Rondalla A Miroteira, Ventosela – Redondela

-Rondalla da Sociedade Cultural Helios de Bembrive – Vigo

-Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios – O Porriño

-Rondalla da Asociación Club Santiaguiño de Guizán – Mos

Xa mañá, domingo, a partir das 12:30 horas, a Biblioteca do Pazo de Mos acollerá un obradoiro de fabricación de instrumentos rondalleiros e chapas dirixido á cativada (Inscricións nos teléfonos: 986 33 94 04 e 986 33 80 80).

Pola tarde, tamén con zona gastronómica, celébrase a segunda parte do certame de rondallas, coa actuación das seguintes agrupacións:

- Rondalla da Asociación O Mosteiro de Peixegueiro – Tui

- Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios – Gondomar

- Rondalla da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, Baíña – Baiona

- Rondalla da Asociación Veciñal e Cultural San Mamede de Zamáns – Vigo

- Rondalla do Centro Social Cultural e Recreativo de Beade – Vigo

- Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Vigo

- Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chaín – Gondomar

- Rondalla da Asociación Cultural de Herville – Mos

- Rondalla do Centro Recreativo e Cultural de Torroso – Mos

Tracking Pixel Contents