Programacións
Redondela leva o Nadal a cada recuncho cun ciclo interparroquial
Haberá espectáculos en todalas parroquias do municipio y Son actividades de música e teatro en galego

Arriba, acto de encendido das luces da Nadal e comenzo das festas. A dereita, público asistente. | // D.P.
O III Ciclo Infantil de Nadal Interparroquial contará con primeira vez con espectáculos en todas as parroquias. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que para este goberno é moi importante «achegar a programación cultural e a maxia do Nadal a todos os veciños e veciñas». A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, explica que se trata de actividades musicais e teatrais en galego para o público infantil e familiar. Desde o Concello o obxectivo é «achegar ás parroquias actividades culturais de calidade e en galego ao longo das vacacións escolares de Nadal». Todas as actuacións serán ás 18.00 horas. A primeira será co grupo de música redondelán «As Tareixas», que actuarán no Centro Cultural de Ventosela o 19 de decembro. Seguirá Brais das Hortas, o 20 de decembro no Centro Cultural de Quintela co espectáculo «Zona de Obras». En Cesantes a cita será coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo «Son animal», no Centro Cultural o día 21 de decembro. Na Sociedade Labrego Cultural do Viso estarán o 22 de decembro Fantoches Baj coa obra «O castiñeiro do Apalpador». O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. A maxia e diversión do circo chegará o 26 de decembro ao Centro Cultural de Negros co «Show de Fifo». No Centro Cultural de Cedeira estará o 27 de decembro a compañía Títeres Alakrán co teatro de monicreques «Barriga Verde». O 28 de decembro será a quenda do ilusionista internacional Cayetano Lledó, que estará no Auditorio da Xunqueira cun espectáculo de maxia para público familiar. Lledó combina técnicas innovadoras con xogos cómicos onde a sorpresa e o humor se fusionan co ilusionismo. Un día despois toda a marcha e a diversión do espectáculo musical «A Bailar no Nadal» de Animar-T chegará ao Centro Cultural de Trasmañó, o 29 de decembro. A última actuación do ano será o 30 de decembro co polifacético Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda. O mes de xaneiro comezará coa gran compañía redondelá Tanxarina, que actuará no Centro Cultural de Cabeiro o 2 de xaneiro coa súa premiada obra Titiricircus. O ritmo rockeiro chegará da man de Pakolas cun espectáculo musical no Centro Cultural de Vilar de Infesta o 3 de xaneiro. A programación deste ciclo rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, «Os Bolechas», que estarán o auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela.

Redondela leva o Nadal a cada recuncho cun ciclo interparroquial
A programación de Nadal complétase co concerto benéfico a benéfico a favor de Cáritas o 27 de decembro no auditorio da Xunqueira e o Festivais de Panxoliñas e Canto Tradicional os días 3 e 4 de xaneiro.
Visita de Papá Noel a Redondela e Chapela
Do 17 ao 24 de decembro nenas e nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita serán de 17:00 a 19:30 horas todos os días, agás o día 24 que será en horario será de mañá, de 11:00 a 14 horas. Papá Noel tamén se instalará en Chapela, na alameda Rosalía de Castro, do 20 ao 23 en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Os nenos e nenas que o desexen poderán contactar tamén con Papá Noel a través das novas tecnoloxías. Poderán facelo a partir do 12 de decembro na páxina web www.nadalenredondela.com.
Pre Fin de Ano eCabalgatas
O concello de Redondela despide o ano por anticipado cunha festa Pre Fin de Ano o 30 de decembro. Será a partir das 21 horas no campo da feira con concerto e discoteca móbil.
As cabalgatas de Reis celebraranse como é habitual en Redondela e Chapela o día 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas, e o día 6 a vila vivirá un dos días máis grandes do ano coas tradicionais Rondallas e os Ranchos de Reis desde as 10.00 horas polas rúas do centro da vila.
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- As pequenas escollas constrúen o esencial
- Escoitar, acompañar e apoiar
- Seguir transformando Redondela
- 800 anos da consagración da catedral
- Sete parroquias que medran xuntas
- Tomiño despide o ano con música, contos e festa
- Música e propostas familiares despiden 2025