Luz que reflicte no ceo
REDONDELA

Luz que reflicte no ceo
Redondela prendeu as luces de Nadal cun gran espectáculo. As espectaculares performances de Pablo Mèndez acompañaron a chegada de Papá Noel na súa carroza tirada polo reno Rudolf. A maxia do Nadal, figuras de globos, a música co ritmo de Barafunda e figuras sorprendentes animaron as súas de Redondela. A chuvia deu unha tregua e permitiu gozar a grandes e pequenos desta xornada, na que a neve tamén foi protagonista.
A decoración deste ano suma máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led. A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limita aos núcleos urbanos senón que «se estende por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto», afirmou a alcaldesa, Digna Rivas. (Fotografía de Pablo Hernández Gamarra).
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- As pequenas escollas constrúen o esencial
- Escoitar, acompañar e apoiar
- Seguir transformando Redondela
- 800 anos da consagración da catedral
- Sete parroquias que medran xuntas
- Música e propostas familiares despiden 2025
- Tomiño despide o ano con música, contos e festa