Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As comarcas entusiasman coas súas luces estas festas de Nadal

[Vigo]

As comarcas da área de Vigo voltan este Nadal a entusiasmar a os seus veciños e visitantes coas luces e adornos navideños.

En moitas localidades as luces xa levan prendidas máis dunha semana, xogando co vento e coa choiva, pero levando o espíritu do Nadal a tódolos lugares para ilusionar.

As luces de Nadal, acendidas en cada recuncho, transforman as rúas nun escenario onde a maxia parece cobrar vida. En cada pobo, grande ou pequeno, as prazas vístense de escintileos que bailan co frío do inverno, envolvendo a quen pasea nun ambiente cálido e cheo de ilusión.

Estas luces non só iluminan fachadas, rúas e camiños, senón a cada quen. Para os nenos, son unha faísca de fantasía: cada farol resplandece coma se anunciase a chegada de soños e aventuras. Para os maiores, evocan recordos, abrazos pasados, tradicións queridas e o desexo de compartir momentos especiais.

A medida que as noites se fan máis longas, as cores brillantes convidan a camiñar amodo, a deixarse sorprender, a sentir que o Nadal segue gardando ese poder único de unir ás persoas.

Recollemos algunhas fotografías das vilas máis importantes das comarcas de Redondela, Louriña, Baixo Miño, Val Miñor, Condado e A Paradanta para mostrar un pouco de esa maxia do Nadal.

Tracking Pixel Contents