Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eurocidade

Xuntanza transfronteiriza para maiores en Salvaterra

A cita celebrarase mañá, con música e actividades de convivencia

[Salvaterra de Miño]

Salvaterra de Miño celebrará mañá, domingo 30 de novembro, ás 17:00 horas, a «Xuntanza de Maiores» da Eurocidade Salvaterra de Miño–Monção, un encontro pensado para fomentar a participación social e o intercambio cultural entre persoas de 65 anos ou máis de ambos municipios. A actividade desenvolverase na carpa do recinto amurallado e forma parte do proxecto «Red de Gobernanza do Río Minho Transfronteirizo».

A xornada incluirá a actuación musical do grupo Ronko & Fol, que ofrecerá un repertorio de música tradicional galega e portuguesa para amenizar a tarde. Ademais, ofrecerase unha merenda para reforzar o carácter convivencial do encontro e promover o achegamento entre veciñanza das dúas beiras do Miño.

O evento persegue tres obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, informar á poboación maior da Eurocidade sobre o proxecto transfronteirizo, difundindo as súas liñas de traballo e beneficios. En segundo lugar, fomentar a participación activa das persoas maiores nas actividades previstas, orientadas a mellorar o seu benestar e dinamización social. Finalmente, preténdese fortalecer os lazos afectivos, a cooperación e o espírito europeo que caracteriza a Eurocidade Salvaterra–Monção.

Tracking Pixel Contents