Decoración
Tui acende o Nadal por todo o alto cun abeto de 6 metros e medio
Onte acendeuse o alumeado, e inaugurouse o mercado de Nadal, que permanecerá aberto ata xaneiro

Alumeado na Praza da Inmaculada en 2024. | // D.P.
Onte pola tarde, a praza da Inmaculada acolleu o acto oficial que inaugurou estas festas, marcado este ano pola instalación dun espectacular abeto de 6,5 metros que aspira a converterse na nova icona do Nadal tudense. Elfos, música, a Fada do Aloia e unha delicada chuvia de neve completaron un ambiente de conto.
Tamén foi onte cando abriu ao público o Mercado de Nadal, que medra este ano até os 25 postos entre casetas e propostas gastronómicas, distribuídos entre a praza da Inmaculada e o Paseo da Corredoira. Inspirado na estética europea, ofrecerá artesanía, produtos locais e gastronomía nun espazo pensado para o goce en familia. Permanecerá aberto até o 5 de xaneiro.
Entre as novidades destaca un carrusel infantil na praza da Inmaculada, ao que se poderá acceder de balde con tickets de compra superiores a 10 euros no comercio local.
O tren da Eurocidade volverá ser outro dos elementos singulares, unindo o centro histórico valenciano co centro urbano de Tui; otradicional Belén de Mingos poderá visitarse na Oficina de Turismo, e as rúas e prazas da cidade volverán lucir unha decoración creativa, elaborada con materiais naturais e de refugallo.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- O I Rondallas Fest unirá tradición e cinema no Pazo de Mos
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda