Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Redondela pide unha resposta universal á violencia machista

25N en Redondela.   | // D.P.

25N en Redondela. | // D.P.

[Redondela]

A praza do Concello de Redondela acolleu o acto institucional polo 25N, no que a alcaldesa, Digna Rivas, reclamou unha «resposta universal» fronte á violencia machista. Rivas lembrou que no que vai de ano 39 mulleres foron asasinadas en España e xa son 1.333 desde que hai rexistros.

Soledad Chayán leu a Declaración Institucional, mentres que a artista Iria Sobrado ofreceu a performance «Coida o que amas» e o colectivo As Mulleres Silenciadas presentou «A Mordaza». Tras as intervencións realizouse unha ofrenda floral no Salgueiral en memoria das vítimas.

O Concello continuará a programación do 25N con actividades formativas para familias, o Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético e propostas teatrais, ademais de obradoiros preventivos nos centros educativos ao longo do curso.

Tracking Pixel Contents