Comercio
Nova edición en Tomiño de Nadal+Nadal
Cada compra permitirá gañar un vale polo dobre do seu importe
Tomiño prepara xa a chegada do Nadal cunha nova edición da campaña «Nadal+Nadal», coa que o Concello busca dinamizar o comercio local e encher as rúas de vida durante o mes de decembro. Entre o 9 e o 29 de decembro, cada compra realizada nos establecementos participantes poderá converterse nun vale de compra polo dobre do importe, sempre que o tícket teña un valor entre 20 e 100 euros. As persoas consumidoras deberán introducir os seus comprobantes nunha urna instalada en cada tenda para entrar no sorteo final, que se celebrará o día 29 ás 20.30 horas no salón de plenos. Extraeranse tíckets ata sumar 1.500 euros en compras, equivalentes a 3.000 euros en vales.
A alcaldesa, Sandra González, subliña que esta iniciativa pretende «activar a economía local e recoñecer o esforzo das persoas que seguen apostando polo comercio de proximidade», lembrando que cada compra feita no municipio «fortalece o tecido económico e apoia ás familias que están detrás de cada negocio».
Xunto ao sorteo, a campaña inclúe tamén o concurso «Ruta Nadal+Nadal», no que os comercios inscritos competirán polos mellores escaparates e decoracións interiores.
O xurado premiará con 500 euros aos primeiros clasificados e con 250 aos segundos en cada categoría. Os resultados daranse a coñecer o mesmo día do sorteo dos vales.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos