Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Beleza

A mosense Noa Magariño irá á final provincial de Miss RNB

A Miss RNB (Reinado Nacional de Beleza) Mos foi recibida no Concello antes de competir pola coroa provincial

Nidia Arévalo, Noa Magariño e Laura Méndez.   | // D.P.

Nidia Arévalo, Noa Magariño e Laura Méndez. | // D.P.

[Mos]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada pola concelleira Laura Méndez, recibiu no Concello a Noa Magariño Martínez, recentemente proclamada Miss RNB Mos e próxima representante do municipio na final provincial de Miss RNB Pontevedra. O encontro serviu para trasladar á nova candidata o apoio institucional e para destacar o papel crecente de Mos no ámbito dos certames de beleza e proxección xuvenil.

Nos últimos anos, o municipio consolidouse como un referente dentro do concurso RNB (Reinado Nacional de Beleza) España, unha traxectoria que se viu reforzada polo éxito do mosense Iván Álvarez, quen acadara o título no mesmo certame. A progresión de Noa, subliñou a alcaldesa, supón «un novo impulso que reafirma o enorme potencial da mocidade de Mos», así como a continuidade dunha liña de participación destacada a nivel provincial e estatal.

Con 18 anos, Noa Magariño estuda primeiro de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela, formación que combina co modelaxe. Deportista e amante da equitación desde a infancia, tamén cultiva a súa afección polo canto, actividades que, segundo explicou, lle axudan a manter a disciplina e a creatividade necesarias para afrontar este tipo de competicións.

Un dos aspectos centrais do certame é a presentación dun proxecto social de voluntariado, no que cada candidata debe apoiar o labor dunha entidade. Noa escolleu a Asociación Contra o Cancro da provincia de Pontevedra.

A alcaldesa Arévalo destacou a «valentía, responsabilidade e sensibilidade social» da candidata e asegurou que Mos «séntese orgulloso de contar cunha representante tan comprometida e elegante».

Tracking Pixel Contents