Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mos alza a voz contra as violencias machistas invisibles

Mural participativo polo 25N en Mos.   | // D.P.

Mural participativo polo 25N en Mos. | // D.P.

[Mos]

O Concello de Mos conmemorou o 25N, cunha xornada marcada pola chamada colectiva a identificar e combater as violencias invisibles que seguen presentes na sociedade. A mañá comezou cun obradoiro dirixido á mocidade, centrado no control, a manipulación emocional ou a presión estética. Durante a actividade, elaborouse un gran mural participativo sobre 25 metros de lona, onde se recolleron mensaxes de rexeitamento da violencia machista. Ademais, instaláronse bandeirolas e dous quilómetros e medio de cinta simbólica para visibilizar esas violencias.

A mediodía mediodía leuse o Manifesto do 25N e fíxose un minuto de silencio polas 38 mulleres asasinadas este ano e polos 65 menores vítimas de violencia vicaria. A alcaldesa, Nidia Arévalo, insistiu na unidade social: «Mos abre os ollos ás violencias invisibles. Hai compromiso e valentía».

O Concello lembrou tamén o labor anual do CIM, con máis de 400 atencións e 303 sesións psicolóxicas, así como a incorporación da Policía Local ao sistema VIOGEN. As actividades do 25N rematan hoxe co espectáculo Sophie non é o meu nome de guerra, de Redrum Teatro, ás 20:00h no Centro Dotacional de Torroso.

Tracking Pixel Contents