Cultura
Literatura e ópera na fin de semana nigranesa
A vila acolle hoxe a presentación de Illote P, Barraca 16 e o domingo un concerto da soprano cubana Dania Diva

A soprano Dania Diva. | // D.P.
O Concello de Nigrán vive estes días unha fin de semana marcada pola cultura. A primeira das citas terá lugar hoxe ás 20:00 horas, nos Cines da Ramallosa, onde se celebrará un encontro arredor do libro Illote P, Barraca 16, obra de Santiago Rodríguez Salinas. A presentación contará coa participación da xornalista e escritora Montse Fajardo; o alcalde de Nigrán, Juan González; o historiador e memorialista Carlos Méixome; e o titiriteiro e actor Tatán Cunha. Durante o acto, os poñentes analizarán o contexto e o valor histórico da obra, abrindo un espazo de reflexión sobre a memoria democrática.
A programación continuará o domingo 30 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, coa actuación da soprano cubana Dania Diva. A artista presentará o concerto Ruta lírica por los patrimonios culturales, acompañada polas pianistas Alicia Cerrada e Xiara . O repertorio incluirá composicións de Händel, Schubert, Puccini ou Rossini, ademais dunha milonga popular e unha copla, nun percorrido musical que reivindica a harmonía e a mestizaxe cultural entre América, África e Europa.