Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Inclusión

Javier Pitillas estará nos Parladoiros do Pazo de Mos

O fundador de DisCamino será o convidado de honor

[Mos]

A Fundación Pazo de Mos acollerá o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 19.30 horas, unha nova sesión dos seus Parladoiros, que nesta ocasión contará coa presenza de Javier Pitillas, fundador de DisCamino e figura de referencia na inclusión a través do deporte adaptado. A iniciativa para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, busca visibilizar proxectos transformadores.

A conversa, presentada por Montse Martínez Muíños e amenizada pola música en directo de Ana Belén Rodríguez, promete ser un encontro emotivo e inspirador. As persoas interesadas deben reservar praza.

A sesión servirá tamén para homenaxear a Gerardo Fernández Costa, compañeiro inseparable de Pitillas e un dos piares de DisCamino, cuxa recente perda deixou unha forte pegada na entidade. Fundada en 2009, DisCamino promove a inclusión de persoas con discapacidade mediante o deporte, especialmente a través de rutas do Camiño de Santiago en triciclos-tándem. O proxecto conta hoxe con máis de 40 pilotos e voluntarios e foi recoñecido con distincións como a Medalla Castelao ou a Orde ao Mérito Civil.

Tracking Pixel Contents