Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Deporte

Balonmán contra o machismo na Cañiza

Un acto celebrado no encontro Helvetia Saeplast Cañiza – SAR Rodavigo marcou o inicio das accións institucionais do 25-N no deporte

Encontro entre o Helvetia Saeplast Cañiza e o SAR Rodavigo.   | // D.P.

Encontro entre o Helvetia Saeplast Cañiza e o SAR Rodavigo. | // D.P.

[A Cañiza]

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Federación Galega de Balonmán escenificaron a súa colaboración na loita contra a violencia de xénero cun acto celebrado no marco da xornada ligueira feminina. O encontro entre o Helvetia Saeplast Cañiza e o SAR Rodavigo, correspondente á División de Honra Prata Feminina, converteuse nun espazo de reivindicación e sensibilización coincidindo coa proximidade do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.

Xusto antes do inicio do partido, a pista do Pavillón Municipal da Cañiza acolleu o despregamento dunha pancarta co lema «El juego se detiene ante la violencia machista», unha chamada clara á unidade do deporte fronte a esta lacra social. O xesto simbólico estivo protagonizado por autoridades e representantes institucionais e deportivos, entre eles o alcalde da Cañiza, Luis Piña; a concelleira de Igualdade de Redondela, Iria Vilaboa; e a xefa da Unidade Contra a Violencia da Subdelegación do Goberno, María José Rodríguez. Xunto a eles participaron tamén o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; a responsable de Formación da entidade, Carla Abad; e os directivos federativos Rubén González, Aurelio Barriero, Shaila Bautista e Ismael Gómez.

O acto buscou visibilizar a implicación da administración e das entidades deportivas na prevención e denuncia das violencias machistas, destacando o papel do deporte como espazo de igualdade, convivencia e educación en valores. Tanto a Subdelegación como a Federación reiteraron o seu compromiso de traballar conxuntamente para promover mensaxes de sensibilización en todos os ámbitos vinculados ao balonmán galego.

Esta colaboración continuou semana, cando todos os partidos de balonmán que se disputen en Galicia realizarán un parón simbólico de 30 segundos no minuto 7 de cada encontro. Unha acción que pretende lembrar ás vítimas, apelar á reflexión colectiva e reafirmar o compromiso do deporte galego na loita contra a violencia de xénero.

Tracking Pixel Contents