Teatro
Teatro, humor e historia en «Retrincos de Castelao»
A representación terá lugar hoxe no Auditorio da Cañiza
O Concello da Cañiza continúa coa súa programación cultural de outono cunha proposta que mestura teatro, humor e reflexión sobre a identidade galega. Hoxe ás 20:30 horas, o Auditorio da Casa de Cultura acolle o espectáculo «Retrincos de Castelao», da compañía Artefeito S. Coop. Galega.
A entrada é de balde ata completar aforo e a representación terá lugar no Auditorio Municipal da Cañiza.
O espectáculo está dirixido por Diego Rey e protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei. A obra busca ofrecer un achegamento divertido e intelixente ao universo creativo de Castelao, figura esencial da historia e da cultura galega. A través dos seus textos, o público percorrerá con humor e emoción o retrato dunha Galicia atemporal, chea de ironía, tenrura e humanidade.
«Retrincos de Castelao» convida a mirar a comunidade a través dun «ollo de cristal» que devolve unha nova visión sobre o pasado e o presente. O público vivirá unha noite de arte e reflexión onde a cultura en galego e o teatro serán os grandes protagonistas.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- O I Rondallas Fest unirá tradición e cinema no Pazo de Mos
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda