Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Enoloxía

Salvaterra sitúase no epicentro do viño espumoso galego

A festa terá lugar a primeira fin de semana de decembro y Participan un total de 13 adegas

Arriba, asistentes á Festa do Viño Espumoso de 2024. Á dereita, autoridades na inauguración das xornadas enolóxicas.   | // D.P.

Arriba, asistentes á Festa do Viño Espumoso de 2024. Á dereita, autoridades na inauguración das xornadas enolóxicas. | // D.P.

[Salvaterra de Miño]

Salvaterra de Miño acolle durante a primeira fin de semana de decembro a XI Festa do Viño Espumoso, que este ano dá un paso máis e se transforma oficialmente na Festa do Espumoso Galego.

Salvaterra sitúase no epicentro do viño espumoso galego

Salvaterra sitúase no epicentro do viño espumoso galego

Este cambio de denominación chega da man da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), co obxectivo de impulsar o sector elaborador de viños espumosos producidos en Galicia.

A festa celebrarase os días 5, 6 e 7 de decembro no recinto amurallado de Salvaterra, un espazo emblemático que volverá acoller unha gran carpa destinada aos principais protagonistas: os viños espumosos galegos. Alí, as 13 adegas participantes ofrecerán as súas mellores creacións, acompañadas de tapas, doces e cafés.

O obxectivo está claro: apostar pola diversificación, innovación e posta en valor dos viños galegos, reforzando a súa presenza tanto nos mercados interiores como nos exteriores. Ademais, AGACAL aproveitará a cita para avanzar nas súas liñas estratéxicas de traballo co sector vitivinícola, promovendo espazos de encontro, aprendizaxe e intercambio de coñecementos.

Deste modo, Salvaterra convértese no escaparate perfecto para os viños espumosos elaborados baixo as denominacións de orixe galegas.

A programación completarase con actuacións musicais que animarán a celebración, consolidando unha festa que mantén a súa filosofía orixinal: poñer en valor un produto que cada ano gaña máis adeptos e recoñecemento.

Con esta nova dimensión galega, a vila reafírmase como referente na elaboración de espumosos, sendo un punto de encontro de viticultores, profesionais do sector e amantes do viño. Unha cita imprescindible para brindar polo traballo das adegas e polo futuro dun produto que segue a facer historia.

Tracking Pixel Contents