Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Solidariedade

A Rondalla Santa Eulalia de Mos, na Gala Ilusión

Trátase dun evento benéfico realizado na cidade da Coruña

[Mos]

A Rondalla Santa Eulalia de Mos vén de participar na oitava edición da Gala Ilusión, celebrada na sala Pelícano da Coruña e promovida polo Grupo Pelícano. A iniciativa trátase dun dos eventos solidarios máis destacados do noroeste peninsular.

Nesta edición, os fondos recadados serán destinados integramente á ONG Kind Surf, entidade social e medioambiental que traballa con menores en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión a través do surf e da educación ambiental como ferramentas terapéuticas e de inclusión social.

A actuación da rondalla mosense, recoñecida pola súa longa traxectoria e pola súa recente inspiración na película «Rondallas» do director Daniel Sánchez Arévalo, «foi un dos momentos máis emotivos da noite», aseguran dende o goberno municipal. Alí, interpretaron temas como O Pau, Río Douro, Como o Vento ou a súa tradicional peza Pixirilo.

Recentemente, a Rondalla Santa Eulalia viaxou tamén ata San Sebastián para participar na presentación da película de Sánchez Arévalo no Festival de Cine da cidade.

Tracking Pixel Contents