Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Deporte

Recoñecemento ao esforzo e á disciplina de Sergio Rodríguez

O atleta acadou subcampionato de Europa M35 en 200 metros lisos y Bateu o récord galego na categoría

Sergio Rodríguez,co alcalde e edil de Deportes do Porriño.   | // D.P.

Sergio Rodríguez,co alcalde e edil de Deportes do Porriño. | // D.P.

[O Porriño]

O atleta Sergio Rodríguez Teixeira vén de ser recibido no Concello do Porriño polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, en recoñecemento á súa destacada traxectoria deportiva e, especialmente, ao recente subcampionato de Europa Máster 35 en 200 metros lisos, conseguido no European Masters Athletics Stadia Championships 2025, celebrado en Madeira.

Durante o encontro, o rexedor trasladoulle en nome de toda a veciñanza o orgullo que supón contar no municipio cun deportista do seu nivel, que combina a docencia coa competición de élite.

«Sergio é un exemplo de superación, disciplina e paixón polo deporte. É un orgullo para O Porriño e para Galicia» destacou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Sergio Rodríguez, afincado no Porriño e profesor nun instituto de Vigo, demostrou nesta proba deportiva o seu excelente estado de forma logrando o segundo posto cun tempo de 22.34 segundos, cun forte vento contrario de -2 m/s, tras clasificarse para a final cunha marca de 21.95 segundos, a súa mellor marca no campionato e que ademais supón un novo récord galego M35.

Tracking Pixel Contents