Concertos
Música de cámara e poemas para rendir homenaxe a Castelao
A última actuación terá lugar hoxe da man dun grupo de percusión

O público durante unha das actuacións. | // D.P.
O Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Amig@s da Música de Salceda levan a cabo de forma conxunta o ciclo de música de cámara «Sempre Castelao» en conmemoración ao Ano Castelao e co obxectivo de «reder homenaxe á figura máis emblemática do nacionalismo galego».
En concreto, trátase dun ciclo de concertos de cámara que tiveron lugar durante os meses de outubro e novembro, sendo hoxe a última xornada. O lugar escollido para a realización é a contorna da Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas.
Os concertos corren a cargo de diferentes agrupacións da Escola de Música de Salceda como un quinteto de vento metal, un cuarteto de saxofóns, un ensemble de frautas e un grupo de percusión.
O concerto desta tarde, da man do grupo de percusión terá lugar ás 19 horas. Ata o de agora, e segundo asegura o goberno municipal, «as actuacións están a congregar a un numeroso público, polo que a valoración está a ser moi positiva por parte dos organizadores».
A maiores, a música dos concertos compleméntase con momentos de recitado de textos de Castelao, contribuíndo así á homenaxe do persoeiro galego.
Por exemplo, o recital do ensemble de frautas do 8 de novembro contou coa colaboración do artista Xespi, que recitou textos de Castelao «dun xeito maxistral e que encandilou ao numeroso público presente», tal e como afirma a organización do evento.
Así, Concello e Asociación de Amig@s da Música van de man para crear proxectos relacionados coa música, nun municipio tan ligado a esta disciplina.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- O I Rondallas Fest unirá tradición e cinema no Pazo de Mos
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos