GASTRONOMÍA
Música e bo xantar na «laconada» de Estás
Tras a comida, dará comezo a festa e o discomóbil
A parroquia de Estás, no municipio de Tomiño, vivirá este sábado unha xornada gastronómica e festiva coa celebración da tradicional «laconada», que promete reunir veciñanza e visitantes arredor da boa mesa e a boa música.
Ás 14:00 horas, a carpa instalada no local cultural de Estás acollerá este delicioso encontro no que se servirá o tradicional lacón con grelos, un dos pratos máis emblemáticos da cociña galega.
Para participar na comida é necesario ter o ticket adquirido con antelación, pero é posible achegarse a disfrutar da festa pola noite en caso de non ter encargado con anterioridade.
Tras a comida, a xornada continuará coa actuación do dúo Los Atómicos, que animará o ambiente ata a noite.
A partir das 23:00 horas, será a quenda da discoteca móbil ODM, coa participación de Dj Charlie, Diego Wass, David Correa, Dj Chimo, Dj Guille, Ekix, Dj Chapas, Dj Capi e Dj Esteban López. A entrada a esta sesión será de balde, para poñer o broche perfecto a unha xornada de sabor, música e convivencia.
O evento está organizado pola Comisión de Festas de San Sebastián de Estás, e o obxectivo, ademais de vivir unha xornada en compañía da parroquia, é recadar fondos para a festa da localidade.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Tofu cobrará vida este ano: así é o videoxogo que nace en Arbo
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos